Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Horta

AUGA

Imagen
 Ben sabido é que a auga é un recurso importantísimo para a vida, polo tanto tamén o é para a nosa futura horta. Nestes momentos está instalada a rega para cada un dos bancais, así mesmo, fíxose unha pre-instalación para un novo grifo nesta zona do centro. Estamos esperando que o concello realice esta obra para poder continuar co proceso, pois sen auga, as plantas non vivirán.     Nas clases están preparando os diferentes semilleiros, case estamos listos!

Semilleiros

Imagen
Xa algún dos cursos están empezando a visitar a horta e preparando os semilleiros que máis adiante plantaremos nos bancais.      

PASIÑO A PASIÑO

Imagen
 Pouco a pouco imos dándolle forma á nosa hortiña...imos visitando co alumnado os progresos e avances, ademais de escoitando posibles suxerencias de mellora. - Colocación dos bancais    

EXPLORAMOS!

Imagen
Aproveitamos a experimentar cos nosos sentidos as plantas da nosa contorna.  

Creación da nosa horta

Imagen
 Durante este curso 2021/2022 levaremos a cabo o proxecto: MESOIRO EN VERDE Este proxecto ten por obxectivo dinamizar e optimizar os espazos verdes do centro , implicando ao conxunto da comunidade educativa neste proceso.   Para iso comezaremos pola posta en marcha dunha horta de catro bancais, un por cada ciclo educativo, coa idea de amplialos en vindeiros cursos. O alumnado participará directamente nos procesos de semente, plantación, mantemento e recolección dos cultivos. A maiores temos previsto plantar varias árbores autóctonas nas zonas axardinadas, así como instalar pequenos xardíns verticais ou maceteiros nas paredes.   Agradecer a colaboración de @hortaecoruna