O alumnado de Quinto de EP traballo na horta facendo limpeza e coidado dos bancais. Semilleiros Semilleiros feitos dos cultivos de outono/inverno no @ceip_novo_mesoiro ! Leitugas, Cebolas, coliflores, brócoli, cenorias e Chícharos. Tamén sementamos na terra, Tirabeques, Grelos e Faballóns! Moi bo traballo!!
A terra baixo as mans, o arrecendo das herbas recén cortadas, a sorpresa ao descubrir o primeiro gromo… cada experiencia conecta ao alumnado cos ciclos da vida. Non se trata só de cultivar tomates ou leitugas, senón de comprender que todo ten o seu tempo: sementar, reg ar, agardar e recoller.
Durante este curso 2021/2022 levaremos a cabo o proxecto: MESOIRO EN VERDE Este proxecto ten por obxectivo dinamizar e optimizar os espazos verdes do centro , implicando ao conxunto da comunidade educativa neste proceso. Para iso comezaremos pola posta en marcha dunha horta de catro bancais, un por cada ciclo educativo, coa idea de amplialos en vindeiros cursos. O alumnado participará directamente nos procesos de semente, plantación, mantemento e recolección dos cultivos. A maiores temos previsto plantar varias árbores autóctonas nas zonas axardinadas, así como instalar pequenos xardíns verticais ou maceteiros nas paredes. Agradecer a colaboración de @hortaecoruna
Comentarios
Publicar un comentario