O alumnado de 5º de EP recolle as acelgas, prepáraas e se reparten a algunha das aulas. O alumnado de 5º de E.I. rega, limpa a terra e recolle algún amorodos.
O alumnado de Educación Infantil tamén axuda a manter limpiña a horta, máis tamén leva a cabo todos os coidados precisos para que os amorodos, as leitugas, as espinacas sigan crecendo.
Durante este curso 2021/2022 levaremos a cabo o proxecto: MESOIRO EN VERDE Este proxecto ten por obxectivo dinamizar e optimizar os espazos verdes do centro , implicando ao conxunto da comunidade educativa neste proceso. Para iso comezaremos pola posta en marcha dunha horta de catro bancais, un por cada ciclo educativo, coa idea de amplialos en vindeiros cursos. O alumnado participará directamente nos procesos de semente, plantación, mantemento e recolección dos cultivos. A maiores temos previsto plantar varias árbores autóctonas nas zonas axardinadas, así como instalar pequenos xardíns verticais ou maceteiros nas paredes. Agradecer a colaboración de @hortaecoruna
Comentarios
Publicar un comentario