"No mes de xaneiro sube ao outeiro"
Este espazo verde favorece metodoloxías activas e participativas. O alumnado planifica que sementar, organiza quendas de rega, leva un calendario de tarefas e observa a evolución dos cultivos. Ao asumir responsabilidades reais, medra tamén a súa autonomía e autoestima. Cada logro, por pequeno que sexa, reforza a confianza nas propias capacidades.