Entradas

"No mes de xaneiro sube ao outeiro"

Imagen
 Este espazo verde favorece metodoloxías activas e participativas. O alumnado planifica que sementar, organiza quendas de rega, leva un calendario de tarefas e observa a evolución dos cultivos. Ao asumir responsabilidades reais, medra tamén a súa autonomía e autoestima.  Cada logro, por pequeno que sexa, reforza a confianza nas propias capacidades.    

ESTACIÓNS

Imagen
 Cada estación trae cambios visibles: no outono prepárase a terra e protéxense os cultivos; no inverno apréndese a importancia do descanso do solo; na primavera todo crece con forza; e no verán chega a recompensa da colleita. Así, o alumnado comprende que a natureza funciona en ciclos e que cada etapa ten o seu valor.

Curso novo, horta limpa.

Imagen
A terra baixo as mans, o arrecendo das herbas recén cortadas, a sorpresa ao descubrir o primeiro gromo… cada experiencia conecta ao alumnado cos ciclos da vida. Non se trata só de cultivar tomates ou leitugas, senón de comprender que todo ten o seu tempo:   sementar, reg ar, agardar e recoller. 

A COLLEITA

Imagen
  Traballando na horta, recollendo a colleita, limpando as malas herbas…. Posta a punto!

SEMILLEIROS

Imagen
  O alumnado de Quinto de EP traballo na horta facendo limpeza e coidado dos bancais. Semilleiros    Semilleiros feitos dos cultivos de outono/inverno no @ceip_novo_mesoiro ! Leitugas, Cebolas, coliflores, brócoli, cenorias e Chícharos. Tamén sementamos na terra, Tirabeques, Grelos e Faballóns! Moi bo traballo!!  

COIDANDO A NOSA HORTA

Imagen